|
Periodismo
Ambiental |
|||||
|
Octubre de 2008) |
|||||
López, como asina as súas ilustracións na contraportada de Galicia Hoxe e no portal infoecologia.com, opta na categoría "E" ou "Mellor iniciativa de sensibilización ambiental". A través do humor e a ironía as creacións de Juan López convidan a reflexionar cun sorriso, ás veces non exento de acidez, sobre os danos que lle infrinximos ao planeta e a necesidade de conservalo.
A exposición e catálogo de fotoxornalismo ambiental "O triunfo da solidariedade" en homenaxe aos voluntarios do Prestige, foi realizada por EFE-Galicia e as consellerías de Medio Ambiente e Pesca da Xunta e opta na categoría "F" ou "Mellor reportaxe de fotoxornalismo". Trátase de 44 instantáneas seleccionadas polos departamentos de Documentación e Gráfica de EFE que constitúen unha homenaxe visual aos máis de 300.000 voluntarios que participaron nas tarefas de limpeza do chapapote do Prestige con ocasión do quinto aniversario do afundimento do petroleiro en novembro do pasado ano 2007. A exposición puido verse no Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo. Emilio
Lavandeira, Xoán Álvarez Rey, J. Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David
Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L. Cereijido, Alberto Estévez, Alberto
Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai asinan as 44 imaxes que
formaron a mostra e quedaron recollidas nun libro-catálogo. Becas de periodismo ambiental autonómico O programa de Bolsas de Xornalismo Ambiental Autonómico compite na categoría E ou "Mellor iniciativa de sensibilización ambiental" e foi posto en marcha en outubro de 2007 pola Fundación EFE e a Fundación Biodiversidade a partir dunha iniciativa da Delegación Xeral de EFE en Galicia. Trátase dunha iniciativa pioneira en España que busca a formación práctica de especialistas en xornalismo ambiental, partindo da base de que a información contribuíu ao mellor coñecemento destas cuestións e de que o xornalismo de calidade constitúe un dos mellores camiños para a sensibilización e a toma de decisións motivadas por parte dos cidadáns. No proxecto, que inclúe un curso de formación previo cos mellores especialistas do sector, colaboran nove delegacións que acollen, en conxunto, un total de dez bolseiros: Ceuta, Melilla, Estremadura, Aragón, Cantabria, Asturias, Baleares, Canarias e Galicia. Entre os candidatos que aspiran a estas distincións do WWF/Adena, unha das máis veteranas e respectadas ONG de defensa ambiental no mundo, están o portal Soitu, programas de televisión como "El escarabajo verde" , os suplementos de medio ambiente de varios diarios, televisións como Canal Sur ou RTVE e revistas especializadas como National Geographic ou Quercus. Os premios concédense cada dous anos, contan con sete categorías e inclúen unha primeira fase na que os internautas poden expresar as súas preferencias na dirección de internet www.wwf.es/noticias/premios_panda/ O resultado da votación en internet, explica a ONG no seu web, será tomado en conta de forma orientativa polo xurado para elixir os gañadores antes do 31 de outubro.
|
|||||
|
|
|||||
|
Estás en www.infoecologia.com |
|||||
|