|
perfil |
|
||||||
|
Arturo Larena é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense/CEU San Pablo, onde tamén cursou estudos de Relacións Públicas e Publicidade. En setembro 2006 foi nomeado Delegado Xeral de Efe en Galicia. Distinguido en 2005 co Premio Nacional de Xornalismo
Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, foi anteriormente o xefe do
Servizo Rexional de Efe na comunidade de Madrid, cargo que desempeñou
durante os
últimos 7 anos, e entre xuño de 1998 e outubro de 1999 foi delegado de
Efe en Estremadura. Larena está especializado
en Xornalismo Científico e Ambiental no Consello Superior de Investigacións
Científicas e foi presidente da Asociación de Xornalistas de Información
Ambiental entre 1998 e 2002.
|