|
El
catedrático de Comunicación y Publicidad de la Universidad del País
Vasco, José Antonio Mingolarra, cuestionó el paradigma informativo
en una sociedad volcada en la comunicación durante su intervención
en la jornada inaugural del Curso de Verano: Principios de la
Comunicación Mediática Contemporánea que se celebró en la
Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC entre el 16 y el
19 de julio.
Nota
de prensa remitida por la Organización del Curso:
Nunha sociedade que promulga a transparencia en todos os ámbitos, o
catedrático da Universidad del País Vasco, José Antonio
Mingolarra, defende “o silenzo como acto de resistencia”, como
unha protección fronte ao desnudo ao que nos somete unha sociedade
na que “importa máis manter o contacto que contar cousas”.
O
profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade denunciou en
Santiago de Compostela durante a primeira xornada do Curso de Verán
“Principios da Comunicación Mediática Contemporánea” o
esgotamento do paradigma informativo e a actual degradación da
función do xornalista.
Esta
crise obedece, segundo Mingolarra, á perda de credibilidade dos
medios de comunicación, provocada por un relativismo que lexitima
en condicións de igualdade calquera discurso sobre a realidade.
Neste cambio de paradigma tamén está implicada, segundo sinalou o
catedrático, a multiplicación das posibilidades de elaborar e
difundir mensaxes facilitada polas novas tecnoloxías, que configura
un marco de relación cos medios baseado na interacción. Fronte a
este panorama, Mingolarra avoga por repensar a comunicación desde o
punto dos profesionais e desde o ámbito académico, onde asegura
“estamos obrigados a traballar sobre o modelo sistémico e desde
un punto de vista multidisciplinar”.
Conferencia
inaugural
O
delegado da Axencia EFE en Galicia, Arturo Larena, analizou na súa
conferencia "Transparencia informativa en las democracias
liberales. El caso del periodismo ambiental en España",
a transparencia na cobertura da información ambiental,
e defendeu a necesidade
de ter acceso ás
fontes e de realizar unha
investigación rigurosa para garantir que a cidadanía
“sexa consciente da realidade”.
A
parte práctica do Curso de Verán comezou
co obradoiro
impartido polo asesor do Gabinete de Cultura de Presidencia do Goberno
Estatal, José Antonio Gómez Municio,
que abordou na
súa intervención as estratexias
de transparencia na formación da imaxe
dos políticos. En opinión de Gómez Municio,
a clase política debe manter unha
certa resistencia á “imaxe
do político transparente”, dando maior
relevancia á “fundamentación en
valores” da personalidade.
O
Curso de Verán “Principios da Comunicación Mediática Contemporánea”,
foi inaugurado na Facultade
de Ciencias da Comunicación da USC polo secretario xeral
de Comunicación da Xunta de Galicia,
Fernando Salgado, o decano da Facultade,
Miguel Túñez e a directora do Curso, a
profesora, Antía López Gómez |