|
A
Consellaría de Innovación e Industria desenvolve
no Café Casino de Santiago o acto de entrega do V Premio de Xornalismo
Científico Galicia Innovación, convocado pola
Dirección Xeral de I+D+i.
Aproveitando o feito de que nesta
edición o traballo gañador
do primeiro premio é unha
serie de reportaxes sobre mulleres
investigadoras, o acto consistirá nunha
tertulia-café na que investigadoras, profesionais
da comunicación e asistentes ao acto
intercambiarán a súa visión e opinións
sobre a visibilidade das científicas e do
seu traballo na
sociedade. Entre os asistentes estarán as
investigadoras Carolina Torrón, Mariña
Arbor e Tarsy Carballas,
a profesora María Xosé Agra, a
coordinadora do Seminario mulleres e Universidade,
Montserrat Nogueira, o divulgador Xurxo
Mariño e o decano do Colexio Profesional
de Xornalistas de Galicia, Xosé
Manuel Vega. Trala conversa farase
entrega dos galardóns.
Nesta edición, o primeiro
Premio de Xornalismo Científico Galicia
Innovación recaeu na
serie de artigos “Investigadoras”, da xornalista
Iolanda Fernández Casal e publicada no xornal
El Correo Gallego. Ademais, o xurado
decidiu conceder o segundo premio ex aequo,
compartido, ás reportaxes
“Los héroes vuelven a casa", de Antonio López Mariño e Joaquín
Pedrido Rey, publicada en La Opinión, e a
“Una ventana abierta a la vida. Los caminos de la fecundación in vitro”,
de Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella
e publicada no xornal El Ideal Gallego.
Do primeiro traballo
galardoado, “Investigadoras”, o xurado
destacou a iniciativa de dedicar unha
serie de reportaxes ao
papel da muller na
investigación, combinando o contido científico
e a experiencia persoal de destacadas
investigadoras galegas. A serie está composta
polos textos “Las claves del tren que flota”, “A sentinela
do cancioneiro” e “La mentalidad
masculina apenas cambió desde que estudiábamos separados”,
dedicados respectivamente a achegarnos a traxectoria
profesional de tres destacadas investigadoras galegas:
Carolina Torrón, Mariña
Arbor e Tarsy Carballas.
Este galardón está dotado con 5.000 euros.
REPORTAXE SOBRE A EXPEDICIÓN DA VACINA
O segundo premio é compartido por dúas reportaxes
publicadas por dous xornais
coruñeses, La Opinión e El Ideal Gallego. “Los héroes vuelven a
casa", de Antonio López Mariño e Joaquín Pedrido
Rey, foi galardoada
polo tratamento en profundidade
de contidos históricos relacionados coa
ciencia. Durante dúas fins
de semana, o suplemento El Domingo de La Opinión estivo dedicado a
analizar en profundidade a presenza
galega na
Expedición Filantrópica da Vacina,
realizada fai 200 anos e decisiva na
erradicación da viruela no mundo.
Pola súa
banda, de “Una ventana abierta a la vida”, de Natalia Sueiro
Monje e Blanca Iglesias Hervella, o xurado
destacou o tratamento
de contidos científicos desde un enfoque
social e achegado ás
preocupacións dos cidadáns.
A reportaxe galardoada
analiza os diferentes aspectos da fecundación in vitro,
desde a perspectiva médica até as dificultades das parellas que
recorren a este método.
Os dous traballos
galardoados compartirán a dotación do
premio, 2.300 euros.
Jurado
destacado
O xurado dos premios, ao que se presentaron 49 traballos, estivo
composto por expertos do ámbito da comunicación e a investigación:
o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia; o decano da
Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela,
Miguel Túñez López; o director xeral de Comunicación Audiovisual,
Manuel José Fernández Iglesias; o Delegado Xeral da Axencia EFE en
Galiza, Arturo
Larena
Larena,
e o científico e divulgador Xurxo Mariño.
|